Cargando resultados...
Liberadas 15 vítimas de explotación sexual en Palma de Mallorca
As mulleres, na súa maioría de orixe asiática, vivían en condicións de escravitude
G24.gal
24/01/2026 15:01
Última actualización 24/01/2026 15:33
A Policía Nacional liberou quince mulleres vítimas de explotación sexual en Palma de Mallorca. A maioría das mulleres eran de orixe asiática e foran captadas por unha organización mediante anuncios publicados en redes sociais.
A operación deixa catorce persoas detidas, sete delas en prisión provisional. Quedou desartellada unha rede criminal que tiña as mulleres en condicións de escravitude, forzándoas a estar dispoñibles de xeito permanente para exercer a prostitución.
Foi unha das vítimas quen acudiu á Policía tras conseguir fuxir do local onde estaban retidas e explotadas.