Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reducido a cinzas o segundo andar dunha vivenda de Lavadores, en Vigo

Reducido a cinzas o segundo andar dunha vivenda de Lavadores, en Vigo

Un dos ocupantes da vivenda tivo que ser atendido por queimaduras

A orixe, segundo os donos da casa, pode estar na cociña de ferro

G24.gal 22/01/2026 14:34

Un incendio calcinou por completo o segundo andar e a terraza cuberta dunha vivenda na rúa Ferradura, no barrio vigués de Lavadores. As lapas estendéronse rapidamente, deixando gran parte da casa inservible. 

Catro dormitorios e a terraza, todo quedou reducido a cinzas. Deu a voz de alarma o fillo de Juan e de Rosa que durmía nun dos cuartos. Tivo que ser atendido porque se queimou ao saír da casa.

A Policía Nacional investiga a orixe do lume, pero os ocupantes da casa pensan que puido ter relación co tiro dunha cociña de leña. Os bombeiros tardaron algo máis de dúas horas en sufocar as lapas e dalo por extinguido.

Os danos materiais son cuantiosos. Están recibindo axuda da veciñanza porque quedaron ata sen roupa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade