Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade, "preocupada" polos próximos paros de médicos: "Neste tipo de folgas é difícil manter a actividade"

Sanidade, "preocupada" polos próximos paros de médicos: "Neste tipo de folgas é difícil manter a actividade"

O conselleiro confía en que, ante cambios de reitoría en Santiago e Vigo, se respecte "o acordo para a descentralización de Medicina"

(EFE/Xoán Rey)
G24.gal 22/01/2026 16:19

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mostrouse "preocupado" ante a convocatoria de novas folgas médicas a nivel nacional para reclamar un Estatuto Marco propio e asegurou que, ante paros deste tipo, "é difícil manter a actividade".

Así se pronunciou ao ser preguntado polos medios sobre o anuncio realizado este xoves polo Comité de Folga estatal, que consistirá nunha semana de paro ao mes desde o 16 de febreiro.

"Sabemos que o impacto que teñen este tipo de actuacións é moito na asistencia sanitaria, sobre todo nos tempos de espera", valorou.

En consecuencia, instou o Goberno a que tome medidas sobre o asunto para evitar que, "co paso do tempo, a calidade asistencial diminúa":

"Mentres non se fale cos médicos, isto non vai parar e a situación global sanitaria en España vai empeorar".

Descentralización de medicina

Cuestionado por un posible efecto dos cambios nas reitorías de Santiago e Vigo na descentralización de Medicina, Gómez Caamaño mostrouse "moi optimista", xa que considera que "o difícil xa pasou" e que "os acordos son os acordos".

"Confío plenamente en que tanto as universidades como as consellerías imos respectar eses acordos, que para iso están e para iso asinámolos", expresou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade