Cargando resultados...
Xa está na casa Boro, o can perdido no accidente de Adamuz
Foi rescatado por un grupo de bombeiros forestais e entregado san e salvo á súa dona
Remata así unha busca que se chegou a facer viral nas redes sociais
EFE/INFOCA
G24.gal
22/01/2026 12:28
O servizo contra incendios de Andalucía Infoca conseguiu localizar a Boro, o can dunha das feridas no accidente de trens de Adamuz (Córdoba) do pasado domingo. Foi rescatado este xoves despois do chamamento efectuado pola dona.
A familia está moi agradecida tras reencontrarse co animal, ao que levan a casa e vano coidar "xa para toda a vida", segundo expresaron.
Ana García, irmá da dona do can, tamén ferida no sinistro dos trens de alta velocidade, lanzou o chamamento nas redes sociais para localizalo.