Muda a forma de divertirse entre os máis novos
Os mozos galegos están entre os que menos alcol e drogas consomen, mantendo a tendencia á baixa que comezou hai dous anos
A rapazada de hoxe prefire ou ir ao ximnasio e o ocio dixital, saen menos bailar ou de botellón
Os máis maiores ían divertirse ao baile.
"Unha gaita e unha pandereta e xa montábamos a festa", conta un home.
Nos 80 e 90 a moda eran as discotecas.
"Saías bailar, mocear, coñecer xente, pasabámolo moi ben", di unha muller.
De aí pasouse aos botellóns nos espazos públicos, que só xeraban problemas.
"Hoxe practicamente non se fai 'botellón'", di unha moza.
A forma de divertirse mudou. Hoxe os mozos son menos nocturnos,
"Eu saio só de vez en cando", di outra.
Os mozos hoxe prefiren investir o seu tempo libre no ocio dixital, e en facer deporte.
"Eu vou xogar a baloncesto cos compañeiros da residencia", comenta un rapaz. Outra engade: "Quedamos para xogar a videoxogos".
Mudou o estilo e os hábitos. Descende o consumo de alcol e drogas nos mozos de 14 a 18 anos. Unha tendencia a baixa desde hai xa dous anos.
"Eu penso que coñecemos máis os riscos de tomar alcol e drogas", di un mozo.
Axudaron as medidas restritivas e a pandemia. Hoxe hai máis conciencia de coidarse, ir ao ximnasio é o que está de moda.