Cargando resultados...
A campaña #Igualdade Followers busca sensibilizar os mozos a través das redes sociais
A Xunta de Galicia e a Asociación de Xornalistas impulsan unha nova edición deste programa
G24.gal
05/02/2026 14:47
As redes sociais son un medio eficaz para chegar aos mozos. A Xunta de Galicia, en colaboración coa Asociación de Xornalistas de Galicia, lanzan unha nova edición do programa #Igualdade Followers.
A campaña busca sensibilizar sobre a igualdade de xénero a través das mensaxes que coñecidas influencers publicarán nos seus perfís.
"Que todos os mozos sexades eses altofalantes que necesitamos. E que entre vós faledes e que nos axudedes a que esa mensaxe de igualdade cale", explica a conselleira de Política Social, Fabiola García.