Unha mercería da Coruña é a cuarta empresa galega con máis presenza en TikTok
La Crisálida supera os dous millóns de seguidores na rede social chinesa
A través da sú conta, reivindica o valor do comercio tradicional
As redes sociais son unha parte máis da rutina laboral na Crisálida, un lugar cunha forza evocadora inmensa, tecida entre miles de botóns e fíos atesourados nun almacén no que Ramón, o propietario actual, aínda atopa de cando en vez pequenas xoias en vellas caixas de cartón. Máis de dous millóns de persoas entran neste pequeno mundo a través de TikTok.
"Para min todo o que acontece na tenda é contido: se vén un can, se me cae unha caixa de alfinetes, se chega algunha visita ou atopo unha caixa esquecedida por aí", di Ramón Santos, o propietario.
La Crisálida é a cuarta empresa galega con maior presenza na rede social chinesa. Por diante, unicamente as grandes marcas de Inditex e o Celta. Un éxito que utiliza para reivindicar o valor do comercio tradicional, ese que está en perigo de extinción. La Crisálida vende a máis de trinta países e recibe no seu local do centro da Coruña clientela de todo o mundo.
"Somos un nodo turístico na cidade. Vén moitísma xente de fóra. A semana pasada xuntáronse aquí unha persoa de Tampa, nos Estados Unidos, unha mexicana e un arxentino que viña mercarlle algo á súa muller. E todos estaban na Coruña de paso", comenta.
Xente de paso e clientes de toda a vida encóntranse nesta pequena mercería viral especializada en labores.