Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outra rodaxe con danos no patrimonio?

Outra rodaxe con danos no patrimonio?

Atopan roto un pivote tras a rodaxe dunha serie e estragos no empedrado

Atribúen os danos aos vehículos pesados que tiveron na praza estacionados durante a gravación

G24.gal 11/03/2026 14:41

Roto e tirado no chan. Así atoparon un pivote da coruñesa praza das Bárbaras.

"Aquí rodaron unha serie e entraron camións pesados. E ao día seguinte apareceron unha serie de estragos. Unha columna que está no peche da praza, apareceu tirada", explica Leonardo Méndez, presidente da asociación veciñal. 

Porén días despois, a estrutura apareceu desprazada varios metros e agora permanece debaixo dun olmo.

Outra das súas queixas é o estado en que quedou o empedrado da praza por mor, din, dos vehículos pesados.

"O chan quedou danado porque entraron uns camións. Dicimos que foi a produtora porque aconteceu cando estiveron eles aquí. Nós o que facemos é denunciar cando pasan estas cousas, pero supoño que o Concello terá un control", engade Méndez.

A Galega quixo contrastar co Concello a autoría dos estragos e se hai aberta unha investigación. Pero, polo momento, non houbo resposta. 

Onde non hai dúbida é en Celanova. Alí, unha produtora que está a facer unha rodaxe na vila, case fai desaparecer a pintada histórica Adiante Semanario feita por Celso Emilio Ferreiro e Pepe Velo, na fachada do mosteiro de San Salvador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade