Cargando resultados...
No Corgo consérvanse máis dunha vintena de pombais que teñen máis dun século de vida
Antigamente eran un símbolo de riqueza e abundancia, e aínda que hoxe caeron en desuso son elementos senlleiros da paisaxe galega
G24.gal
23/02/2026 20:37
De pedra, de planta circular ou cadrada, os pombais son unhas construcións tradicionais que perviven e falan doutros tempos cando as pombas eran un símbolo de grandeza.
No Concello lucense do Corgo consérvanse máis dunha vintena destas edificacións. Todos superan o século de vida, de aí a importancia de conservalos.
"Dentro do patrimonio material que ten Galicia é unha das construcións máis senlleiras, á mesma altura que hórreos e cruceiros", comenta Mario Outeiro, estudoso dos pombais.
Caeron no desuso, pero son parte do legado cultural galego.