Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae unha parte dun muro do antigo cemiterio de Bonaval, en Santiago

Cae unha parte dun muro do antigo cemiterio de Bonaval, en Santiago

O concello valora "unha actuación integral" de todo o peche, catalogado como BIC

Hai seis anos un veciño morreu aplastado polo derrube doutra parte da parede

(Europa Press)
G24.gal 13/02/2026 11:04 Última actualización 13/02/2026 14:37

Unha parte dun muro que rodea o antigo cemiterio de Bonaval, en Santiago, caeu este xoves, o que obrigou o Concello a pechar a zona.

"A acumulacion de auga importante no terreo superior aumentou o peso e a presión sobre un muro de pedra e mampostería", confirma Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago. 

A caída produciuse este xoves, e os técnicos de arquitectura e arqueoloxía municipais xa foron avaliar os danos para determinar as accións que levar a cabo.

O pano, de quince metros de longo por seis metros de alto, arrastrou tamén os nichos que caeron sobre as lápidas. Non hai perda emocional porque levan décadas baleiros, pero si un gran dano arqueolóxico e histórico. 

O acceso a ese lado do parque de Bonaval quedou pechado por seguridade e tamén para facilitar o labor dos técnicos. Valoran o próximo paso. 

"É posible que haxa que facer unha actuación no conxunto, na totalidade do muro e dos nichos pero como é un BIC, de gran valor patrimonial, a actuación e a financiación terá que ser consensuada con outras administracións", avanza a alcaldesa.

"Asegúroche que hai algún que non está en boas condicións. Eses muros hai que revisalos porque xa caeu do outro lado e morreu un señor", lembra un residente da zona.

Ocorreu hai pouco máis de seis anos, e daquela a traxedia foi peor. Cando os bombeiros deron retirado toda a pedra, atoparon o corpo dun home maior que pasou ao pé de Bonaval no peor momento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar