Publicador de contidos

Publicador de contidos

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos. convocados a unha mediación en Santiago o luns

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos. convocados a unha mediación en Santiago o luns

O responsable de transportes do CIG advirte que a citación non suporá a fin da protesta 

Manifestación dos traballadores na Intermodal (Xoán Rey/EFE) Manifestación dos traballadores na Intermodal (Xoán Rey/EFE)
G24.gal 22/01/2026 14:33

Patronal do transporte da Coruña e sindicatos están convocados a unha mediación a sede do Consello Galego de Relacións Laborais, en Santiago, este luns, 26 de xaneiro, a partir das 10:30 horas.

Segundo explica a Europa Press o responsable de Transporte da CIG en Santiago, Nacho Pavón, os representantes dos traballadores acudirán a esta cita, pero "non significa a desconvocatoria da protesta" ata que se resolva o conflito en relación coas reivindicacións sobre o convenio colectivo.

Apunta que agora dependerá da patronal poder avanzar na negociación tras non frutificar anteriores intentos de mediación.

Esta convocatoria produciuse tras a protesta protagonizada esta mañá de xoves por representantes sindicais ante a estación intermodal de Santiago, onde denunciaron a "parálise" da patronal neste conflito.

Este venres, 23 de xaneiro, haberá novo paro nos buses da provincia, último día nesta fase de mobilizacións antes de que se inicie unha folga indefinida o 2 de febreiro.

Os representantes dos traballadores solicitan un novo convenio no sector do transporte da Coruña cunha subida salarial "digna" e que inclúa unha redución da xornada, ademais dunha actualización e modernización dos permisos retribuídos e os días de asuntos propios, entre outras peticións.

Protesta

A protesta realizouse este xoves na rúa do Hórreo cunha pancarta en demanda "dun convenio digno". Alí lanzaron cánticos como 'Transporte de viaxeiros, solución'; 'Convenio xusto, salarios dignos'; así como 'Raúl culpable, Xunta responsable', en referencia ao presidente da compañía Monbus, Raúl López.

Os autobuses urbanos que pasaron pola rúa do Hórreo durante a protesta fixeron soar as súas bucinas en sinal de apoio aos manifestantes, quen saudou aos condutores co puño no alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade