Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Os menores deben saber que as bebidas enerxéticas son moi daniñas para a saúde"

"Os menores deben saber que as bebidas enerxéticas son moi daniñas para a saúde"

O conselleiro de Sanidade, Gómez Caamaño, asegura que a mellor maneira de acabar con estas adiccións é desde o punto de vista educacional

Galicia convértese este sábado na primeira comunidade de España en prohibir a venda de bebidas enerxéticas a menores

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, este venres nunha entrevista no 'Bos días' da TVG
G24.gal 06/03/2026 10:40

Galicia será a primeira comunidade de España en prohibir a venda de bebidas enerxéticas a menores. Este sábado entra en vigor a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das conductas adictivas, que equipara as bebidas enerxéticas co alcol e os vapeadores co tabaco.

"É unha lei moderna, transversal e baseada na medicina adaptada ás necesidades do século vinteún", asegurou o conselleiro de Sanidade nunha entrevista no Bos días. Segundo Antonio Gómez Caamaño "estas substancias, aínda que poden parecer inocuas, son moi daniñas para a saúde e teñen gran impacto na calidade de vida das persoas", explica. "Abordar estas adiccións desde o punto de vista educacional é a mellor maneira de acabar con elas".

 

"Parece que Omega non ten intención de dialogar"

Na entrevista, o conselleiro referiuse á folga convocada no servizo de Atención Primaria por parte do sindicato Omega que afectou xa a 17.000 consultas en Galicia. Gómez Caamaño asegura que as reivindicacións realizadas en novembro están sendo abordadas e acusa a esta central de non querer dialogar.

"Visto o comportamento do sindicato Omega na xuntanza de onte parece que non teñen intención de dialogar", asegura. "Nós imos seguir traballando. Hai que xestionar dalgunha maneira o exceso de demanda que hai nas consultas de Atención Primaria para solucionar os tempos de espera, pero ten que ser un traballo colectivo".

Galicia, á vangarda en protonterapia

Antonio Gómez Caamaño considera un fito a próxima apertura, en Santiago do primeiro centro de protonterapia do sistema público de saúde en España. Un proxecto previsto para finais deste ano ou principios de 2027.

O conselleiro asegura que este tratamento é moi axeitado para a poboación pediátrica e "abre unha ventana de oportunidades a pacientes con tumores difíciles de tratar e a pacientes xa radiados", xa que, ao ser unha forma de radiación "moi limpa", permite que o paciente reciba tratamento de radioterapia "máis dunha vez".

"A tecnoloxia está rematada, estase traballando na calibración das máquinas", explica. "o persoal está en proceso formativo e avanzamos coa intención de que a finais deste ano ou principios do próximo o primeiro paciente tratado con protonterapia na sanide pública española sexa en Santiago".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade