Rueda reivindica que Galicia segue "á vangarda en saúde pública" coa lei que prohíbe as bebidas enerxéticas
Rueda reivindica que Galicia segue "á vangarda en saúde pública" coa lei que prohíbe as bebidas enerxéticas
Galicia equipara vapeadores e bebidas enerxéticas ao tabaco e ao alcol
É a primeira administración en España en adoptar esta medida, que entrará en vigor o 7 de marzo
O botellón estará sancionado e estará prohibido fumar nun radio de 50 metros arredor de centros educativos, sanitarios, edificios públicos, paradas de transporte e piscinas públicas
Alfonso Rueda durante a grabación dun vídeo institucional sobre a lei de protección da sáude persoas menores
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou que Galicia segue "á vangarda en saúde pública" coa Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas.
Nun vídeo difundido nas súas redes sociais, o titular do Goberno galego lembrou que esta norma equipara as bebidas enerxéticas ao alcol e os vapeadores ao tabaco en canto ao nivel de restricións, por iso prohibe a súa venda e consumo a menores de idade.
▶️ @AlfonsoRuedaGal subliña que Galicia segue á vangarda en saúde pública ao ser a primeira comunidade en prohibir a venda de bebidas enerxéticas a menores
— Xunta de Galicia (@Xunta) February 21, 2026
👉 Afirmouno nun vídeo difundido hoxe nas súas redes sociais: https://t.co/sNUiBFUpT4
ℹ️ https://t.co/UmBR54c6Ma pic.twitter.com/KuwxfvceGk
Así, Rueda sinalou que coa nova lei, que entrará en vigor o 7 de marzo, Galicia "convértese na primeira comunidade en regular esta materia", co obxectivo de "previr futuras condutas adictivas".
No vídeo publicado este sábado, o presidente convida á reflexión, lembrando que a maioría das bebidas enerxéticas teñen a mesma cantidade de cafeína que beber "tres cafés de golpe".
Tal e como trasladou a Xunta nunha nota de prensa, coa Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas, a Administración autonómica é a primeira en elaborar unha norma que abarca todos os riscos de comportamento para os menores de idade, incluídos produtos emerxentes.
De feito, esta lei aborda tanto adiccións con substancias como sen substancia (xogo, tecnoloxías...) e combina a prevención e a promoción da saúde co control da oferta.
Prohibición de vapeadores, bebidas enerxéticas e máis control do botellón
A norma regula actuacións para protexer a saúde das persoas menores e previr condutas adictivas, tanto con substancias como sen elas.
Inclúe a prohibición de venda e consumo de vapeadores a menores, mesmo sen nicotina.
Segundo datos da enquisa Estudies de 2023, o 41,5 % dos adolescentes de 14 anos xa probara estes dispositivos.
A lei tamén prohibe o consumo de bebidas enerxéticas con 32 miligramos ou máis de cafeína por cada 100 mililitros, ao considerar excesiva esta cantidade para menores.
Galicia convértese así na primeira administración en España en adoptar esta medida, que só aplicaran ata agora países como Polonia ou Letonia.
O texto reforza ademais a loita contra o botellón, que pasará a ser sancionado pola Xunta.
Entre outros aspectos, non estará permitido fumar nin vapear en piscinas de uso público nin en marquesiñas de transporte público nin nun radio de 50 metros de centros docentes, sanitarios e edificios da administración pública.
A partir do 7 de marzo tampouco estará permitida a publicidade de bebidas alcohólicas nin enerxéticas na vía pública nunha área de 100 metros de centros docentes e de centros de acollida, de protección e de cumprimento de medidas xudiciais de menores de idade.