Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iberia propón un ERE voluntario para 996 traballadores de terra e de voo

Iberia propón un ERE voluntario para 996 traballadores de terra e de voo

A compañía defende que hai causas xustificadas para presentar este expediente de regulación de emprego, ao que poderán acollerse 753 empregados do colectivo de terra e 243 de voo 

Este xoves constituíuse a comisión negociadora, con representación da empresa e dos traballadores 

G24.gal 12/03/2026 18:34

Iberia propuxo este xoves aos representantes sindicais un expediente de regulación de emprego (ERE) para 996 traballadores, que será voluntario.

O número de persoas que poderían acollerse a este ERE é de 996, das que 243 pertencen aos colectivos de voo (106 pilotos e 137 tripulantes de cabina ou TCP) e 753 ao colectivo de terra (305 de mantemento ou MRO, 243 de produción en terra e 205 das áreas corporativas).

Este xoves constituíuse a comisión negociadora do ERE, coa participación de representantes da compañía e dos traballadores dos distintos colectivos: pilotos, TCP e terra.

Iberia cre que hai que renovar o perfil dos empregados 

A dirección de Iberia considera que hai motivos suficientes, que se axustan á lei,  para solicitar o ERE, baseados na necesaria renovación de perfís que esixe o proceso de transformación da compañía recollido no seu Plan de Voo 2030.

O presidente e conselleiro delegado de Iberia, Marco Sansavini, dixo o pasado 27 de febreiro na presentación de resultados de IAG - o grupo ao que pertence a española xunto con British Airways, Vueling, Aer Lingus e Level- que o obxecto do ERE non é tanto reducir o persoal da compañía, como renovar os perfís profesionais.

O pasado 17 de febreiro Iberia comunicou aos representantes dos traballadores a súa intención de iniciar un procedemento de ERE voluntario en Iberia.

O comité intercentros dos traballadores de terra preguntou en febreiro á compañía se se daban as causas para iniciar un expediente de regulación de emprego de adscrición voluntaria. Á petición, asinada polos sindicatos UXT, CCOO, Astema e Somos-Cesha, sumouse á que xa fixeran antes representantes dos traballadores de voo, tanto os pilotos como os TCP.

Cunha frota de 168 avións, Iberia voa a 145 cidades e dá emprego a 10.568 persoas. En 2027 cumprirá o seu centenario.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade