Urovesa presentará a súa plataforma de vehículo militar este mes en París
A feria celebrarase entres os días 15 e 19 de xuño
A compañía de Valga destaca a versatilidades da nova estrutura para misións militares e de defensa
Imaxe do Vamtac-AX4/EuropaPress
A empresa galega Urovesa presentará o seu novo vehículo militar Vamtac AX4 na feira internacional Eurosatory, que se celebrará en París entre os días 15 e 19 de xuño. Trátase dun dos principais eventos do sector da defensa a nivel mundial.
Segun explicou a compañía, o novo modelo foi desenvolvido cunha arquitectura modular e aberta que permite adaptalo a diferentes misións, entre elas o transporte de tropas, posto do mando, ambulancia, guerra electróica ou sistemas de defensa aérea.
Urovesa destaca tamén que o vehículo conta cunha capacidade de carga útil de catro toneladas e pode transportar once tripulantes, incluído o condutor. A firma asegura que incorpora melloras en blindaxe e mobilidade respecto ao actual modelo Vamtac ST5.
A compañía, con sede en Valga, continúa co proceso de ampliación das súas instalacións, iniciado en 2024. O proxecto permitirá duplicar a capacidade productiva anual ata as 5.000 unidades e elevar a superficie ata os 16.000 metros cadrados.
Esta expansión, declarada Proxecto Industrial Estratéxico pola Xunta, suporá un investimento próximo aos 52 millóns de euros e a creación estimada de 150 empregos directos. As novas instalacións incluirán alamacéns loxísticos, liñas de produción, un centro de fomración para conductores e unha pista de probas.
Urovesa está presente en máis de 30 países e é provedora das Forzas Armadas espñaolas desde 1984.