Publicador de contidos

Publicador de contidos

O metrosidero da Coruña, candidato a árbore do ano 2026

O metrosidero da Coruña, candidato a árbore do ano 2026

A árbore, de procedencia neozelandesa, está situada no patio da Comisaría da Policía Local 

G24.gal 16/11/2025 22:22 Última actualización 16/11/2025 22:41

Algúns estudos atribúenlle unha procedencia neozelandesa vencellada a antigas rutas marítimas. Pero non se sabe con certeza como nin cando botou raíces no patio da actual Comisaría da Policía Local da Coruña.

O metrosidero máis impoñente da cidade compite no certame Árbore do Ano 2026 que promove a ONG Bosques Sen Fronteiras. Con máis de vinte metros de altura, destaca pola súa beleza e envergadura, pouco habitual nunha contorna urbana.

A partir deste luns pódese votar pola candidatura do metrosidero coruñés a través da páxina web do concurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade