Publicador de contidos

Publicador de contidos

Envelenan árbores no paseo de Canido, en Vigo

Envelenan árbores no paseo de Canido, en Vigo

Atopan buracos con substancias tóxicas nas árbores, un suceso que xa fora denunciado hai dous ansos

G24.gal 10/07/2026 14:30

Dous anos despois, a historia repítese en Canido. Veciños denuncian un suposto envelenamento das árbores, que apareceron con buracos aos que lles meteron substancias tóxicas. Árbores en risco, pero tamén a saúde de animais e persoas que pasean pola zona.

Agora están intentando revivilos e empapeláronos con carteis reivindicativos para concienciar a veciñanza.

Conta Ángel Goberna, presidente da Asociación de veciños San Miguel de Oia que "estes días apareceron novamente despois de dous anos as árbores con buracos e veleno de glifosato. Todo apunta a xente que lle molestan as árbores porque lles tapan as vistas".

A veciña Ana González Díaz, amosa como eses buracos desprenden unha sustancia velenosa, e está indignada porque nin no concello nin Seprona teñen en conta as súas reclamacións.

Marina Rivas está tamén indignada e triste, di que "hai dous anos fixérono cun trade, ten que ser pola noite. Agora foi con algo punzante, un martelo, e estivemos limpando con auga con xabón, terra...".

Tamén denuncian que hai tempo que o Concello instala tomas de terra directamente nas árbores, e que acaban con elas. O que teñen claro e non van deixar que isto pase, que mesmo organizaranse para facer gardas e localizar aos culpables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade