Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian que alguén está a secar os castiñeiros da igrexa de Paiosaco

Denuncian que alguén está a secar os castiñeiros da igrexa de Paiosaco

Sospeitan dun posible envelenamento a través duns buratos que apareceron tradeados na base das árbores

Piden que se investiguen os feitos

G24.gal 13/07/2026 13:52

Coas follas completamente secas. Así están os dous castiñeiros do adro da igrexa de San Martín de Lestón, en Paiosaco, desde hai dúas semanas.

"Foi unha sorpresa. E díxeno na igrexa o domingo seguinte. Dixen que esta non era maneira de actuar. É certo que os castiñeiros podían ser un perigo para o alumeado. Pero...", explica Jacinto Collazo gantes, párroco. 

"Un dos problemas que sempre se dicía era que estaba abrindo o muro. Pero non sei máis", di un veciño.

Polo momendo, descoñécense as causas que provocaron esta situación. Pero a aparición destes buratos nas bases das árbores leva a pensar a algúns que foron obxecto dun envelenamento.

"É un segredo, Aí non se sabe moi ben o que pasou, parece ser que alguén lles meteu medicamento para que secaran.", explica o sacerdote.

Queren saber que pasou e piden unha investigación por parte do Seprona da Garda Civil: "Estaría ben saber quen o fixo". "Hai que saber se foi de xeito natural ou se lle meteron algo". 

Confían en poder aclarar que lles aconteceu a estes dous castiñeiros que levan máis de dúas décadas formando parte do adro deste templo.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade