Cargando resultados...
Unha trintena de artistas retratan a cidade das murallas en vivo
Participan no XXVI edición do certame de pintura rápida ao aire libre que convoca o Concello
G24.gal
12/07/2026 14:31
Última actualización 12/07/2026 14:55
O estilo é libre e o lugar escollido para retratar Lugo, tamén. Calquera recuncho préstase para este concurso que cada verán atrae á cidade artistas de toda Galicia e tamén de fóra.
É outra forma de promocionar Lugo. O certame organízase sempre no verán e xa van 26 edicións. Algúns artistas son veteranos, outros veñen por vez primeira. Optan a premios que en total superan os 5.000 euros.
O gañador desta edición coñecerase a media tarde. Os cadros premiados nas edicións anteriores están expostos no Museo Interactivo da Historia de Lugo.