Agárdase un Samaín pasado por auga
Esta tarde actívase un aviso amarelo por chuvia no suroeste da Coruña e Pontevedra
No litoral atlántico tamén hai aviso por ondas de ata cinco metros
Follas e charcos na alameda de Santa Comba despois dunha noite de vento, auga e tronos. Aquí ou en concellos próximos, como Rois, a borrasca deixou acumulacións de auga de máis de 70 litros en doce horas. Agora toca retirar as follas dos sumidoiros antes de que, esta mesma tarde, regrese a chuvia.
Xa escoitaron, chuvia e mesmo treboadas que darán un plus de desacougo á noite de defuntos.
Nas zonas altas do interior persistirá o vento e tampouco se agarda calma no mar, cun aviso amarelo activo no litoral por vento e ondas de ata cinco metros. Unha fermosa estampa de outono para contemplar, pero sempre de lonxe para evitar sustos.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        