Cargando resultados...
Galicia, baixo os efectos do verán de San Miguel
MeteoGalicia confirma que estamos ás portas de catro días de sol e calor
G24.gal
29/09/2025 14:42
O San Miguel, máis aló do estritamente relixioso, refírese a ese tempo solleiro e caloroso que chega a finais de setembro cando xa entramos no outono.
Confirma Ana Lage, meteoróloga de MeteoGalicia, que "estamos ás portas dunha situación anticiclónica que vai durar uns catro días nos que haberá sol, ceo despexado e altas temperaturas. Engade ademais que, "sobre todo o mércores, en puntos do interior poderíase chegar aos 30 graos".