Publicador de contidos

Publicador de contidos

A campaña Creamos Saúde Tour promove que os maiores de 65 sigan cociñando

A campaña Creamos Saúde Tour promove que os maiores de 65 sigan cociñando

O foodtruck desta iniciativa de Cuz Vermella e Vegalsa-Eroski vai percorrer sete cidades galegas

Prevén que os consellos e as tapas de alimentación saudable cheguen a unhas 1.800 persoas nesta segunda edición

G24.gal 29/09/2025 14:45

Priorizar o consumo de alimentos frescos ou optar pola carne procedente de gandería extensiva son algunhas das receitas para comer de xeito sostible e saudable que se difunden desde o foodtruck de Creamos Saúde Tour. Vai percorrer, desde hoxe con diferentes chefs, sete cidades galegas.

O ano pasado esta iniciativa chegou a 1.800 persoas de máis de 65 anos.  Recoñecen que co paso dos anos moitas persoas cansan de cociñar, pero explican que comer san non é difícil.  Non mercar máis do necesario, reducir o consumo de produtos envasados ou optar polo produto de proximidade son algunhas das estratexias para unha alimentación saudable que se explican aquí.

"Tamén pretendemos que manteñan ese hábito de cociñar todos os días, que baixen á compra ou ao mercado, especialmente os que viven sós", di Mercedes Casanova, presidenta de Cruz Vermella en Galicia.

Os que teñen menos experiencia, hoxe puideron levar mandil e un libriño de receitas doadas, para ir practicando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade