Vestir os nosos animais de compañía é unha tendencia cada vez máis habitual
En días de chuvia a peza de roupa máis buscada é o chuvasqueiro. Tamén para os animais de compañía.
"Agora levan moito o chuvasqueiro clásico e básico tipo capa que non abriga, pero cobre ben da chuvia", explica Carmen Castaño da tenda Mi Bicho da Coruña.
"Si que o vexo algo oporuno porque ao final o animal chega a casa máis seco do que sería sen ter esa protección extra", puntualiza Samuel Ramos, veterinario da Clínica veterinaria Ópera.
Samuel destaca que os animais teñen na súa pelaxe unha protección natural. E advirte de que "hai que elixir ben a roupa porque hai algunha clase de roupa que pode facer tanta protección que a propia humidade da pel pode provocar irritación. Esta é unha das pataloxías máis frecuentes a causa de levar, por exemplo, un abrigo moito tempo", indica.
En canto a estilos e tendencias hai variedade.
"Hai a quen lle gusta levar o arnés a xogo coa correa, co óso, coa botella de auga que hai que levar agora. E se poden levar a xogo tamén a goma do pelo e a chaqueta, lévano", di Carmen de Mi Bicho.
Para quen guste de vestir á última o seu animal de compañía, anoten: xa está aquí a temporada de Nadal.