Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixan as temperaturas e agárdase neve por riba dos 500 metros este día de Nadal

Baixan as temperaturas e agárdase neve por riba dos 500 metros este día de Nadal

As máximas baixarán de forma xeralizada en toda a comunidade

Ao final do día agárdanse chuvias que serán en forma de neve nas zonas altas

Persoas gozan da neve en Manzaneda Persoas gozan da neve en Manzaneda
G24.gal 24/12/2025 17:49

Galicia rexistrará unha baixada das temperaturas durante a xornada do xoves de Nadal, con probables chuvias a última hora que serán en forma de neve a partir dos 500 metros de altitude.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, ao longo do día predominará a influencia anticiclónica, aínda que unha fronte entrará en Galicia nas últimas horas da xornada.

Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros e algún chuvasco ocasional, máis probable no terzo norte.

Xa pola noite, os chuvascos afectarán á metade oeste do territorio e deixarán neve por riba dos 500 ou 600 metros.

As temperaturas experimentarán un descenso xeral, máis acusado no caso das máximas. As máis baixas espéranse para as provincias de Lugo e Ourense e poderían baixar dos 0 graos. Vigo e Pontevedra poderían chegar aos 11 graos de temperatura de máxima. 

Os ventos soprarán moderados do nordés, con intervalos fortes no litoral atlántico.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade