A Garda Civil intensifica os contros de alcolemia, drogas e velocidade na rede viaria galega
O obxectivo é garantir a seguridade nas estradas durante estas datas sinaladas
Coma cada ano, as horas previas á Noiteboa son un dos momentos do ano cun maior volume de tráfico, pois milleiros de galegos collen o coche para reunirse cos seus amigos e familiares.
Co obxectivo de garantir a seguridade nas estradas durante esta data sinalada e ao longo das festas do Nadal, a Dirección Xeral de Tráfico intensificou os controis de velocidade, alcolemia e drogas na rede viaria.
"Unha parte de, ben, de verificar o consumo de alcol e drogas. Tamén, pois, revísanse as condicións técnicas do vehículo e, ben, pois que os temas administrativos relacionados tanto co condutor como co vehículo, que está todo en regra", di Tomás Varela, capitán do Subsector de Tráfico da Coruña.
Como recomendacións de seguridade, dende Tráfico insisten na importancia de manter a precaución nos traxectos nocturnos, prestar atención a posibles condicións meteorolóxicas adversas e, especialmente, evitar poñerse ao volante tras consumir alcol, unha das principais causas de incidentes nestas datas.