Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activan o plan Inungal por risco de anegamentos en Pontevedra, Vigo e Cuntis

Activan o plan Inungal por risco de anegamentos en Pontevedra, Vigo e Cuntis

Están baixo seguimento as zonas do Umia-Gallo, Lérez-Pontevedra, Eifonso-Vigo

A provincia de Pontevedra está en aviso amarelo por choiva, con previsión de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas

EN DIRECTO: Imaxe da cámara web situada na Casa do Concello con vistas xerais de Lalín//NA FOTO: Betanzos, este luns EN DIRECTO: Imaxe da cámara web situada na Casa do Concello con vistas xerais de Lalín//NA FOTO: Betanzos, este luns
G24.gal 24/11/2025 09:45 Última actualización 24/11/2025 14:38

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o plan especial para o risco de inundacións en Galicia (Inungal) en fase de preemerxencia polas choivas que se prevén na comunidade.

Así, segundo a información trasladada por en 112 Galicia, actualmente está en seguimento as estacións de Umia-Gallo, Lérez-Pontevedra e Eifonso-Vigo.

Neste sentido, a central de emerxencias alertou de que nestes puntos poden observarse desbordamentos puntuais e pediu extremar a precaución.

A prealerta por risco de anegamentos permítelles os grupos de protección civil e ás brigadas de obras dos concellos revisar todas as infraestruturas, valar as rúas que son inundables e avisar tamén os edificios e negocios que dan cara ao río, para que teñan a punto as proteccións e as bombas de achique.

"Temos que comprobar que todo está limpo e estar pendentes do que chove, pero non só en Cuntis. Porque nós o que temos é que recollemos a auga toda que cae na zona da Estrada", explica Miguel Ángel Couto Fuentes, o xefe de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Cuntis

O seu grupo de Protección Civil leva tamén os concellos de Moraña, Portas e Caldas, pero hoxe o esforzo céntrano en Cuntis, onde o río Gallo corre o risco de rebordar. Na zona próxima ao balneario, esta vila adoitaba sufrir inundacións importantes, pero limpezas de leito, dragados e obras de canalización fan que hoxe as consecuencias da riada sexan moito máis suaves.

Aviso amarelo na provincia de Pontevedra

A provincia de Pontevedra, segundo recolle a páxina web de MeteoGalicia, atópase este luns en aviso amarelo por choivas, ao esperárense máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Durante esta xornada, Galicia atópase baixo o paso dunha fronte activa que deixa unha mañá con ceo moi nubrado e con choiva xeneralizada.

Tras o paso da fronte, a tarde, previsiblemente, terá unha tendencia á apertura de claros e con choiva ocasional. En canto ás temperaturas, as mínimas descenderán lixeiramente e as máximas terán un lixeiro ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade