Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia goza do sol tras semanas de mal tempo

Galicia goza do sol tras semanas de mal tempo

Primeira fin de semana con sol en toda Galicia neste inverno de temporais sucesivos

As temperaturas achegaránse aos 17 graos en toda Galicia

directo Foto: A Coruña / En directo cámara web da CSAG en Baiona
G24.gal 21/02/2026 09:48 Última actualización 21/02/2026 12:49

Este sábado toda Galicia amanceu con sol, aínda que tamén con temperaturas baixas nas primeiras horas. Será a primeira fin de semana de sol en todas as provincias despois dun tren interminable de borrascas de vento e moita chuvia. Un mes de borrascas encadeadas que saturaron os encoros e puxeron a proba a resistencia do ánimo atlántico.

Amáis os meteorólogos adiantan a boa nova de que o sol vai continuar tamén a semana que vén e que desde hoxe as temperaturas están á alza.

A Limia é unha das comarcas máis interesantes para ir ver as garzas. Foto: cmb A Limia é unha das comarcas máis interesantes para ir ver as garzas. Foto: cmb

Un éxodo cara ao exterior

Esta fin de semana será de éxodo cara o exterior. A xente está farta de estar pechada nas casas e  o sol anima a espreguizarse e botar fóra, pasear polas rúas ou ver os primeiros cambios na natureza que xa anuncia a primavera.

​Desde as Rías Baixas ata a Mariña Lucense, a paisaxe cambiou o gris plomizo por un azul que parece recentemente pintado. Nas rúas de Santiago, o granito húmido da rúa secou por fin, e os soportais, que ata onte eran refuxios de urxencia, hoxe son pasarelas dunha primavera anticipada.
 

Así amanecía está sábado no Monte do Gozo en Santiago Así amanecía está sábado no Monte do Gozo en Santiago

O termómetro como aliado

Espéranse máximas que rozarán os 18°C en puntos da provincia de Pontevedra e Ourense, un contraste radical fronte ao frío húmido das últimas frontes.

​As terrazas énchese de xente dcadeira libre. O galego, experto en detectar a primeira raiola de sol, coloniza axiña os exteriores nun acto de fe colectiva.

Nas praias de Vigo e A Coruña, os máis valentes xa enterran os pés na area, mentres que no interior, os regatos rebosan auga , as leiras que parecían lagoas comezan a secar e o campo xa brilla de verde e as árbores máis adiantadas xa regalan flores.

​Esta fin de semana marca o punto de inflexión. O inverno aínda non dixo a súa última palabra, pero por agora, a tregua é absoluta. E como din os vellos nas aldeas "o inverno xa vai fora", aínda que falta un mes para que remate, porque o que se agarda é que "o tempo mellore cada día e os días crezan"
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade