Publicador de contidos

Publicador de contidos

As previsións indican que imos ter un inverno máis cálido do normal

As previsións indican que imos ter un inverno máis cálido do normal

As predicións non aclaran se vai chover máis ou menos ca outros anos

G24.gal 16/12/2025 16:53

Parece que o inverno que comeza o día 21 non vai ser moi frío, ou iso apuntan as previsións da Aemet para Galicia. No que se refire á chuvia, a predición non deixa as cousas claras.

Iso é o que din os modelos meteorolóxicos para o trimestre de xaneiro-febreiro-marzo de 2026: que as temperaturas superarán a media da serie histórica, pero que os modelos non ofrecen claridade á hora de prognosticar a cantidade de precipitación.

O outono de 2025 foi máis cálido do habitual e con precipitacións normais. Entre as marcas máis destacadas desta estación que remata:
-a de temperatura máxima de 35 graos o 19 de setembro, e a primeiros de outubro, unha mínima de -3, en Xinzo
-a maior refacho de vento de 131 km/h en outubro
-e o maior dato de chuvia, os 100 l/m2 que deixou en novembro a borrasca Claudia.

Cansa, porque todo novembro e o que vai de decembro foron meses con máis chuvia do normal.

As estatísticas estiveron influídas tamén pola descarga da borrasca Claudia, pero se miramos os datos xerais do trimestre, pois resulta que choveu o normal.

Botando man do refraneiro, vimos dun outono quente, que leva o demo no ventre, pero as neves, que prometen todo tipo de bondades, cubriron os paus uns días antes do san Nicolau.

Os outonos e invernos máis suaves, teñen a contrapartida dos veráns demasiado cálidos. Desde hai once anos sobe a temperatura media do planeta. E este 2025 en Galicia foi extremadamente cálido.

Francisco Infante, delegado de AEMET en Galicia: "Con esa anomalía de +1,3º C con respecto dun ano normal é probable que 2025 remate só un pouco por baixo do ano máis cálido da serie que foi 2023.

De momento, sabemos que o Nadal será seco e frío; de Fin de Ano e Reis aínda non se sabe se deixarán estampas coma esta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade