Publicador de contidos

Publicador de contidos

A masa de aire polar deixa toda Galicia con máximas arredor dos 10 graos

A masa de aire polar deixa toda Galicia con máximas arredor dos 10 graos

Este venres continúan as baixas temperaturas

Nas montañas de Lugo e Ourense os termómetros quedarán por baixo dos cero graos todo o día hoxe

directo Cámara web da CSAG no Cebreiro
G24.gal 20/11/2025 14:31

Unha masa de aire de orixe ártica é a responsable deste frío que vive Galicia. O termómetro marca temperaturas baixo cero e así seguirá todo o día nas zonas máis altas das provincias de Lugo e Ourense. En Manzaneda estaban a menos tres graos a media mañá e aínda se espera un descenso dun grao nesta xornada.

A mínima do país rexistrárona na comarca de Valdeorras, no concello da Veiga, con 4, 4 graos negativos. Con temperaturas por baixo de dez graos e con xeadas en moitos puntos do interior todas as pezas de abrigo son necesarias para saír á rúa.

A chuvia cae en forma de neve por riba dos 800 metros. Nos Ancares e no Cebreiro xa viron as primeiras folerpas, pero de momento non haberá moita acumulación de neve.

Non se agarda melloría ata o sábado cando as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso que virá acompañado de chuvia en toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos