Publicador de contidos

Publicador de contidos

Educar cans e persoas para mellorar a convivencia nunha sociedade chea de mascotas

Educar cans e persoas para mellorar a convivencia nunha sociedade chea de mascotas

En Galicia hai máis de 700.000 cans, son máis que nenos pequenos.

Os expertos destacan a necesidade de educar os animais e as persoas para facilitar a convivencia

G24.gal 16/12/2025 20:10 Última actualización 16/12/2025 20:54

Levámolos á praia, ao noso hotel de vacacións ou mesmo de compras. Os cans están xa presentes en case todos os espazos da nosa vida. Para facilitar a convivencia, os expertos apostan por unha boa educación.

Alejandro Moreno, educador e experto en conduta canina explica que "o máis básico é que aprendan tutores e cans o paseo ben dado, cun manexo adecuado da correa. Tamén o can ten que ter unha educación básica e atenda ordes como que acuda cando o chames ou que sente cando llo pides"

Facilitar a convivencia, memos cos veciños dun edificio, pasa por coñecer as características de cada animal. Cada vez máis persoas recorren á axuda dos expertos para adestrar animais.

"Os cans como os humanos necesitamos certas normas para desenrolarnos e ter unha convivencia sa cos demáis", destaca Moreno.

Só en Galicia hai censados máis de 700.000 cans, con donos que os integran como un membro máis da familia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade