Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis axentes mulleres denuncian agresións sexuais por parte de mandos da Policía Nacional

Máis axentes mulleres denuncian agresións sexuais por parte de mandos da Policía Nacional

A ministra de Defensa recoñece que é necesario mellorar os protocolos

O xulgado pide o audio que gravou a vítima da suposta agresión do número dous da Policía Nacional

G24.gal 20/02/2026 17:34 Última actualización 20/02/2026 18:27

O avogado da axente que denunciou o número dous da Policía Nacional asegura que outras axentes mulleres se están poñendo en contacto con el porque tamén sufriron agresións sexuais.

Segundo o avogado da denunciante, outras axentes contactaron con el para reportar que tamén sufriron abusos doutros mandos da policía. Asegura que cando denunciaron internamente, esas mulleres expuxéronse a represalias dos agresores. A propia ministra de Defensa recoñece que é necesario mellorar os protocolos.  

E para evitar interferencias, o avogado da axente pediu que sexa a Garda Civil, e non a Policía Nacional, a que verifique os audios e a documentación que este venres ten previsto entregar nos xulgados. Nas últimas horas, recibiu unha chamada do ministro do Interior interesándose polo caso. O Goberno defende a xestión que fixo Marlaska pedíndolle ao DAO a súa dimisión.

Aínda así, ven difícil erradicar o machismo.

En todo caso, piden non xeneralizar.

O PP reclama máis explicacións.

Os populares acusan a Marlaska de mirar para outro lado neste caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade