Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferido grave un peón de 67 anos atropelado por un autobús urbano en Vigo

Ferido grave un peón de 67 anos atropelado por un autobús urbano en Vigo

Os sanitarios atenderon de urxencia á vítima antes de ser trasladada ao hospital, cun forte golpe na cabeza

Imaxe de arquivo dun autobús urbano de Vigo Imaxe de arquivo dun autobús urbano de Vigo
G24.gal 20/02/2026 17:06

Un home de 67 anos foi atropelado este venres en Vigo por un autobús urbano e foi trasladado en estado grave ao hospital.

O sinistro, segundo fontes dos servizos de emerxencias, tivo lugar sobre a unha da tarde á altura do número 15 da rúa Pizarro, fronte á Cidade da Xustiza.

Unha testemuña dos feitos chamou ao 112 Galicia para dar aviso do ocorrido, e cara ao punto desprazáronse rapidamente membros da Policía Local de Vigo e profesionais do 061 a bordo dunha ambulancia.

O sinistro tivo lugar moi preto do punto de atención continuada de Vigo, de modo que os sanitarios atenderon de urxencia a vítima antes de ser trasladada ao hospital, cun forte golpe na cabeza.

A Policía Local viuse obrigada a cortar o tráfico mentres que os profesionais de Atestados tratan de determinar exactamente que puido pasar para que o peón ferido acabara parcialmente baixo o autobús. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade