Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha sentenza avala ausentarse do traballo para asistir a eutanasia da súa mascota

Unha sentenza avala ausentarse do traballo para asistir a eutanasia da súa mascota

O xuíz declara improcedente o despedimento do traballador

G24.gal 20/02/2026 14:48

Un xulgado do social de Barcelona acaba de ditar unha sentenza pioneira: declarar improcedente o despedimento dunha traballadora que se ausentou do seu posto para asistir á eutanasia do seu can. 

"Loxicamente iso hai que poñelo en relación cos preceptos da Lei de benestar animal. A sociedade está cambiando e, hoxe por hoxe, non se nos pode escapar a ninguén que os titulares das mascotas temos sempre unhas obrigas graves, que están reguladas e totalmente especificadas na norma. Unha delas é prestar os coidados sanitarios aos mesmos, de evitarlles padecementos innecesarios", explica o avogado Fernando Caride.

A eutanasia estaba prevista para o día seguinte, pero o can sufriu un empeoramento súbito que obrigou a adiantar o proceso. Por iso a sentenza considera que a actuación da muller que traballaba de teleoperadora foi ética, humanitaria e moralmente xustificada.

A empresa alegaba outras faltas de asistencia que o maxistrado considerou insuficientes para o despedimento. A sentenza pode ser recorrida, pero os seus fundamentos xurídicos abren unha vía para vincular o benestar animal co cumprimento das obrigas laborais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade