Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia é a quinta autonomía con máis absentismo laboral

Galicia é a quinta autonomía con máis absentismo laboral

Un 8,4 % dos traballadores galegos non acode a traballar por estar de baixa; son oito décimas máis que a media española, segundo Randstad

G24.gal 06/07/2026 13:11

Galicia figura na quinta posición das comunidades autónomas españolas en absentismo laboral, segundo un estudo da multinacional de xestión de recursos humanos e traballo temporal Randstad.

Un 8,4 % dos traballadores en Galicia non acode ao seu posto de traballo como consecuencia dunha baixa laboral concedida por médicos por razóns de saúde.

Esa taxa é superada polas comunidades autónomas de País Vasco, con 9,4 % de absentismo; Asturias, cun 9,1 %; Canarias, cun 8,9 %, e Cantabria, cun 8,6 %, segundo o estudo.

Randstad sinala que o absentismo se incrementou lixeiramente nunha décima no mercado laboral galego no primeiro trimestre deste ano, respecto ao ano anterior, e apunta que Galicia está oito décimas por riba da media española, que se sitúa no 7,2 %.

Engade que o absentismo con incapacidade temporal en Galicia subiu lixeiramente a un 6,8 %, situándose así por encima da media estatal, de 5,6 %.

O informe de Randstad coincide cunha campaña da Xunta para reducir o absentismo laboral que foi amplamente criticada por sindicatos e partidos políticos da oposición ao consideraren que os datos non teñen en conta o aumento da demora da atención médica, o envellecemento da poboación e outros factores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade