Novas
Contido coa etiqueta .
Laboral

Stellantis Vigo aproba un ERTE de 60 días e un ERE de 100 despedimentos
19/01/2023 14:25
O ERTE afecta todo o cadro de persoal con contrato indefinido
O ERE contempla a extinción incentivada para o persoal con 59 anos ou máis. Para os menores de 50 inclúe a suspensión de contrato con dereito de retorno

Os controladores aéreos de Alvedro e Peinador, convocados á folga
19/01/2023 13:33
A ruptura das negociacións do convenio colectivo leva a convocar unha folga nos 16 aeroportos españois con torres de control privatizadas
Xestionan o 28,5 % do tráfico aéreo estatal
A folga está convocada para cinco luns consecutivos, 30 de xaneiro, e 6, 13, 20 e 27 de febreiro.

Os empresarios cren que a reforma dos incentivos ao emprego se traducirán en menos contratos
11/01/2023 14:51
Os sindicatos ven positiva a aposta pola contratación estable pero critican a falta de diálogo social

Os xestores administrativos piden deducir no IRPF os gastos do servizo doméstico
11/01/2023 14:27
Enviaron a proposta ao Goberno central co obxectivo de favorecer a regularidade nas contratacións
A medida persegue fomentar a contratación dos empregados no fogar, que o ano pasado caeu ata os 378.000, a cifra más baixa da última década

A Xunta destina 1,5 millóns en axudas para a modernización dos barcos
10/01/2023 14:24
O obxectivo é facilitar a vida dos mariñeiros a bordo e incentivar así a remuda xeracional

O Goberno dará ata 150.000 euros ás pemes que implanten a semana laboral de catro días
12/12/2022 13:27
O proxecto piloto conta cun orzamento de 10 millóns de euros
As empresas deberán manter a redución durante polo menos dous anos e os salarios dos empregados non se verán reducidos

O Goberno móstrase satisfeito coa evolución dos datos do mercado laboral, por María Bastida
05/12/2022 12:38

Policías e gardas civís maniféstanse en Madrid contra a "discriminación" do Goberno
26/11/2022 16:01

23/11/2022 14:42
O comercio é o sector que máis acusa a caída da contratación, con case un 30 por cento menos ca o ano pasado
Pola contra, a hostalería é o único sector que sobe na contratación de persoal para este Nadal, e faino nun 12,4 por cento

O comercio do metal da provincia de Pontevedra está en folga
22/11/2022 14:23
Están chamados a este paro preto de oito mil empregados de ferreterías, xoierías, comercios de electrodomésticos, recambios de vehículos ou material de oficina, entre outros
Con este paro queren forzar a patronal a retomar as conversas para renovar o convenio caducado desde 2019