Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba o estatuto para bombeiros forestais e 177 millóns contra a violencia machista

O Goberno aproba o estatuto para bombeiros forestais e 177 millóns contra a violencia machista

Os bombeiros forestais verán unificadas as súas funcións en distintas comunidades

Igualdade dá 177 millóns a comunidades para loitar contra violencia machista

Tamén aprobaron axudas para os afectados pola borrasca Filomena, a erupción da Palma, a seca e outras catástrofes

G24.gal 28/02/2023 16:39

O Consello de Ministros aprobou este martes dous anteproxectos de lei para regular a actividade e as condicións laborais dos bombeiros forestais e axentes ambientais, un colectivo que suma máis de 20.000 persoas en toda España.

As características de prestación de servizo, condicións de formación, garantías ou coberturas de riscos laborais desenvolvéronse de forma diferente en cada unha das comunidades autónomas, "de aí a importancia de ofrecer unhas normas básicas comúns para todos os colectivos", dixo a  vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira.

Para os bombeiros forestais "faise por primeira vez" un recoñecemento da categoría para o seu traballo a nivel nacional.

O segundo é o anteproxecto de lei é o que ten como finalidade establecer un acordo marco para axentes forestais e ambientais que tamén pretende facilitar un criterio común para as especialidades e as agrupacións de funcionarios e persoal laboral nas administracións públicas nas que están a traballar para a protección da natureza e os bens ambientais.

Isto require o "recoñecemento e fortalecemento da súa condición de policía administrativa especial e policía xudicial en sentido xenérico, recoñecendo o carácter de axentes de autoridade debido ao traballo que desempeñan xunto ao resto de corpos e forzas de seguridade".

En materia de incendios, o Goberno advirte de que cada ano a tempada de incendios alóngase e a virulencia dos mesmos é maior, polo que defendeu a necesidade de estar preparados todo o ano.

O pasado ano terminou con cifras récord: 268.000 hectáreas queimadas, 57 grandes incendios forestais (triplicando a media do últimos dez anos), catro falecidos, máis dun centenar de accidentados e miles de evacuacións.

177 millóns para que as comunidades autónomas combatan a violencia machista

 O Ministerio de Igualdade repartirá 177 millóns de euros ás comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla para loitar contra todos os tipos de violencia machista, segundo anunciou este martes a súa titular, Irene Montero.

Concretamente, as comunidades recibirán os fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, os destinados á creación de centros de atención integral 24 horas para vítimas de violencia sexual e os da Delegación do Goberno contra a violencia de xénero.

Esta repartición do gasto pretende "ampliar a protección" das vítimas "de todas as violencias machistas". Montero defendeu que os fondos permitirán "abrir cada vez máis portas seguras" para elas.

O Goberno tamén autorizou este martes o aboamento de preto de 98 millóns de euros para paliar as desfeitas e danos ocasionados pola borrasca Filomena de xaneiro de 2021, a erupción da Palma, a seca e outras catástrofes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade