Publicador de contidos

Publicador de contidos

A empresa de moderación de Meta fará un ERE en Barcelona que afecta a 2.059 traballadores

A empresa de moderación de Meta fará un ERE en Barcelona que afecta a 2.059 traballadores

Os sindicatos e a compañía Telus, subcontratada polo xigante estadounidense Meta, prevén asinar mañá luns un expediente de regulación de emprego (ERE)

Será despedida practicamente a totalidade do cadro de persoal e recibirán unha indemnización de 33 días por ano traballado, o equivalente a un cesamento improcedente, cun máximo de 24 mensualidades

Telus estaba subcontrada por Meta para filtrar os contidos das redes sociais Facebook e Instagram

G24.gal 04/05/2025 18:00

Os sindicatos e a compañía Telus, subcontratada polo xigante estadounidense Meta para filtrar os contidos das redes sociais Facebook e Instagram, prevén asinar mañá luns un expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará a 2.059 traballadores da Torre Glòries de Barcelona.

Os afectados, practicamente a totalidade do persoal, recibirán unha indemnización de 33 días por ano traballado, o equivalente a un cesamento improcedente, cun máximo de 24 mensualidades, segundo avanzou fontes sindicais, que estiman que a totalidade do ERE terá un custo aproximado de 22 millóns de euros.

A firma producirase nas oficinas do departamento de Traballo da Generalitat, onde se levaron a cabo as negociacións que desembocaron o mércores pasado nun preacordo entre sindicatos e empresa.

Entre o xoves e o venres, tivo lugar unha votación telemática na que preto do 96 % do persoal mostrouse a favor dese texto.

Os despedimentos afectarán ao groso dos traballadores de Telus na Torre Glòries, excepto a preto de medio cento de empregados que non están vinculados ao contrato de moderación de contidos de Meta, segundo os sindicatos.

A maioría dos contratos extinguiranse o próximo 22 de maio, aínda que despois desa data continuarán as desvinculacións de maneira progresiva, ata que en setembro se conclúa o ERE por completo.

A empresa citou causas organizativas e produtivas, pola decisión de Meta de deixar de contratar os seus servizos para a revisión de contidos.

Desde que o 3 de abril Telus comunicou o peche da subcontrata de Meta, os traballadores vinculados a esa actividade estiveron en situación de permiso retribuído.

O texto acordado pola compañía e os sindicatos prevé entregar unha bonificación a aqueles empregados que non gozasen dese permiso desde principios de abril ata o 22 de maio.

Anticipa así mesmo a creación dunha bolsa de traballo para dar cobertura ás vacantes que poidan producirse para a posición que viñan ocupando anteriormente.

Os afectados polo ERE terán preferencia para ocupar as devanditas prazas nos dous anos seguintes á firma do expediente. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade