Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector forestal galego contrata traballadores do Perú

O sector forestal galego contrata traballadores do Perú

Ante a falta de man de obra, a Federación Empresarial de Serradoiros de Madeira de Galicia seleccionaron operarios cualificados no Perú

Os propios empresarios foron ata o país andino e ven como traballan mesmo na Amazonía

Tanto para os empresarios como para os traballadores peruanos a experiencia está a ser moi positiva

G24.gal 21/06/2025 15:00

Traballadores da Amazonía peruana chegaron a Galicia para incorporarase ao sector forestal. Pedro Antonio é un deles, chegou a Galicia desde o Perú hai aproximadamente un mes. Traballa como operario de motoserra para Grupo Madeireiro Lata. 

"Estou aquí agradecido pola oportunidade que nos presentan para poder vir a Europa. A adaptación é excelente, estamos encantados de estar aquí para complementar o traballo aquí en España", di  Pedro Antonio Marino de Sousa, operario de motoserra.

Ante a falta de man de obra no sector forestal galego, desde a Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA) foron buscar ao Perú profesionais cualificados para incorporalos ao sector como operarios de motoserra, de maquinaria pesada e traballadores de serradoiro.  

"A experiencia é toda positiva tanto para os traballadores e para as empresas. A idea é que se consolide porque non é un traballo temporal, no sector é un traballo fixo, un traballo estable", engade Tino Lata, xerente do Grupo Madeiras Lata e membro da Xunta de Goberno de Fearmaga.

Hilario leva case dous meses en Galicia. É operador de maquinaria. Nun primeiro momento veñen cun contrato dun ano, a maioría adáptanse ben e moitos esperan poder quedar aquí. Despois dun ano traballando aquí, teñen a posibilidade de reunificación familiar e poder traer a Galicia as súas familias.

"Eu teño unha filla de tres anos e a miña proxección é facer a miña vida aquí e poder educar a miña filla en España", asegura Hilario Vicente López Gaspar, operador de maquinaria.

Nun primeiro grupo, a Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia trouxo uns 22 operarios do Perú e nunha segunda quenda virán outros 21.  

 

 

 



 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade