Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas de servizos gandeiros consolídanse en Galicia

As empresas de servizos gandeiros consolídanse en Galicia

"O noso traballo é facer que os gandeiros poidan vivir mellor, ter días libres", di o encargado da empresa

Os gandeiros botan man destes servizos para moitos labores

G24.gal 24/12/2025 13:54

Na empresa de Manuel encárganse de dar todos os servizos para que os gandeiros teñan días libres.

"O noso traballo é facer que os gandeiros poidan vivir mellor, ter días libres e agora, no Nadal, gozar da familia", di Manuel Fernández, o encargado da empresa.

Estes días traballan nesta granxa de Cerceda, que pertence a seis socios. Entre eles, reparten os labores para poder librar, pero hai veces que descansan todos e contratan os servizos da empresa de Manuel.

"Datas sinaladas, o 24, por exemplo, hoxe, o 25, día de Nadal, 31 e 1, día de Reis, 15 e 16 de agosto", conta Pilar Mesías, gandeira.

Este tipo de negocios consolídase en Galicia. Os gandeiros botan man deles para moitos labores.

"Nós damos servizos desde horas ata meses completos. Adaptámonos sempre á necesidade do gandeiro. Se é unha granxa que necesita un día puntual porque vai ir a unha festa ou unha voda, fáiselle. Se o necesita, facemos as camas, sacamos esterco, atendemos o robot, faise por horas", lembra Manuel.

Para o ano 2026 anuncian novidades.

"A novidade que estamos facendo para 2026 é facer uns bonos mensuais, trimestrais, semestrais ou anuais para que o gandeiro que saiba os días que vai necesitar, gardarllos e que poidan ter a garantía de que lles vamos ir", engade Manuel.

Queren darlles aos gandeiros todas as facilidades, e eles agradéceno.

"Moi ben, así polo menos tes algo de vida porque senón non tiñas nin vacacións nin tempo libre", di Pilar.

Porque o tempo libre é necesario... E non só no Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade