Cargando resultados...
Máis de 500 animais á venda na Feira do Poldro e do Gando do Monte en Muras
Gandeiras e gandeiros defenden o benestar animal e a crianza ao aire libre no Xistral
G24.gal
28/09/2025 14:56
Última actualización 28/09/2025 16:42
Muras acolleu este domingo a XXXVII edición da Feira do Poldro e do Gando do Monte, un evento ao que non faltan os gandeiros e as gandeiras do concello.
É unha tradición moi arraigada neste municipio no que os animais son o sustento principal de moitas familias e tamén un apoio para a economía doutras.
Este ano puxéronse á venda máis de 500 animais, entre o gando equino e o vacún, principalmente rubia galega, e tamén algunha cachena. No recinto había tamén burros e ponis.
A oferta era variada e, segundo o murmurio xeneralizado na contorna dos distintos postos, este ano os animais pagáronse a bo prezo.