Cargando resultados...
A compra de agasallos de última hora enche os centros comerciais
G24.gal
24/12/2025 14:43
Papá Noel xa marchou do trono para buscar os renos, e no seu lugar deixa nas tendas un feixe de axudantes encargados dos desexos de última hora.
Procuran chegar á primeira hora e coas ideas claras para evitar colas, atascos e agonías, pero non sempre o conseguen.
Atopar o agasallo perfecto coa presión do reloxo non é o ideal. Aquí pechan ás seis, así que mellor ir coa carta ou deixarse asesorar polos que máis saben.
Moitos xuran que para o ano serán máis previsores. Pero o certo é que a imaxe se repite cada ano, e non deixa de ser unha tradición iso de andar nas tendas co marcador da Noiteboa descontando os minutos.