Publicador de contidos

Publicador de contidos

Formación en hostalería para acceder ao mercado laboral

Formación en hostalería para acceder ao mercado laboral

Celanova acolle un curso en que os alumnos aprenden a facer un café, levar a bandexa ou servir as mesas

Conta cunha ducia de participantes que estarán listos para comezar a traballar no verán, cando a demanda se multiplica

G24.gal 25/05/2026 14:04

Faltan camareiros, sobre todo cunha formación básica e actitude. É o que din os hostaleiros de Celanova que, en moitos casos, vense na obriga de formalos eles mesmos. Para cubrir esta demanda, o concello, xunto coa Fundación Formavigo, puxo en marcha un curso en que os participantes aprenden dende como se fai un café ata como atender os clientes.

Unha ducia de persoas, moitos deles migrantes, acoden ás clases tanto teóricas e prácticas. Rematan a formación o vindeiro 3 de xuño e contan con traballar xa durante os meses de verán. Restauración e hostalería representan case a metade dos empregos que se crean durante a época estival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade