O coordinador europeo do Corredor Atlántico fixa como "máxima prioridade" a conexión con Portugal
O Corredor Atlántico suporá unha mellora competitiva para as empresas galegas
François Bausch comproba de primeira man as necesidades que hai nas conexións con Portugal e tamén na saída cara a Francia
Poder ter unha circulación de mercadorías áxil cara ao resto de Europa é unha das grandes demandas das empresas galegas. O Corredor Atlántico preséntase como unha oportunidade.
François Bausch, coordinador europeo do Corredor Atlántico, explica que "a prioridade é conectar Madrid con Lisboa, Lisboa co Porto, O Porto co norte de España e con Francia. Ao final, o importante é conectar mellor os centros industriais".
O coordinador europeo do Corredor Atlántico fixou a "máxima prioridade" na conexión con Portugal.
O coordinador europeo do corredor visitou Galicia para comprobar cales son as principais demandas e necesidades na comunidade.
"O porto de Vigo debería ser incluído como porto nodal. O de Ferrol ten risco de quedar descolgado. Ademais, consideramos que ten sentido que as mercadorías dende Galicia teñan dúas vías de saída, que se poden conseguir con pouca actuación sobre o sistema que temos agora", explicou Diego Calvo, conselleiro da Presidencia.
Para Galicia tamén é prioritario concretar as datas das conexións con Portugal dos trens de viaxeiros e cambiar o ancho de vía.