A galega Avícola Tratante pasa a mans de Hevo Group
A compañía, con sede en Pontevedra, dedícase á produción e comercialización de ovos
A compañía galega Avícola Tratante, con sede en Pontevedra e que conta co selo Galicia Calidade, pasou a mans do empresa Hevo Group. Nun comunicado, Hevo Group, con sede en Guadalaxara, remarcou que a adquisición desta empresa galega con máis de cinco décadas de traxectoria na produción e comercialización de ovos, supón "un paso estratéxico" na expansión do grupo e marca un "ano clave".
Así, Hevo Group pecha un 2025 "decisivo" tras adquirir tres compañías: Granja Legaria, O Granxeiro e Avícola Tratante, así como a ampliación e modernización das súas instalacións produtivas. Con estas incorporacións, o grupo reforza a súa presenza en todo o territorio nacional con centros en Guadalaxara, Cuenca, Tarragona, Navarra, Biscaia e Pontevedra.