Do mel á cosmética, o hidromel, a cervexa ou o licor feito desde Oímbra
A parella formada por Roberto Santana e azahara Chavero crearon a marca Sabia mágica para facer novos produtos derivados do mel
Neste último ano apostaron desde o rural pola innovación e a creatividade, colaboran cun mestre cervexeiro artesán e lanzaron tamén a súa propia própole
Despois de máis dunha década dedicados á apicultura en Oímbra, a parella formada por Azahara e Roberto conseguiron crear a súa propia marca e darlle un valor engadido ao seu mel desde o rural. Porque ademais de vendelo para comer están facendo cosmética, cervexa artesá, hidromel e ata unha salsa picante de pemento de Padrón con mel.
Neste último ano apostaron desde o rural pola innovación e a creatividade, colaboran cun mestre cervexeiro artesán e lanzaron tamén a súa propia própole. E sen perder a súa esencia van de feira en feira, aprendendo e vendendo.
E sempre están pensando en novos produtos para levar ás feiras. A próxima en Galicia será na Feira Mediveal de Monforte na Semana Santa.