Amazon abre en Vigo unha tenda para vender os seus paquetes perdidos
Son moi baratos pero non sabemos o que levan dentro
No centro Vialia está aberta desde este martes a chamada tenda dos choios, que é unha especie de mercado onde se poden mercar paquetes perdidos de Amazon, moi baratos e sen saber o que levan dentro.
De mañá formáronse longas colas de xente para participar na inciativa.
Cadaquén saberíao dun xeito ou outro, o caso é que no centro comercial Vialia formáronse ringleiras de centos de persoas.
Trátase de mercar paquetes perdidos de Amazon no comercio electrónico sen saber que conteñen.
Máis ou menos ao peso; a un noventa euros cada cen gramos... 2,90 os premium.
Esta iniciativa de tenda efémera vén da man da empresa francesa King Colis.
Xa triunfou en Madrid, Zaragoza ou Granada con máis de 31 toneladas de paquetes vendidos.
En Vigo vai funcionar ata o próximo domingo.