Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reclámalle ao Goberno "unha saída" para cooperativistas de Xuxán afectados polo aumento do alugueiro social

A Xunta reclámalle ao Goberno "unha saída" para cooperativistas de Xuxán afectados polo aumento do alugueiro social

A conselleira de Vivenda di que non vai permitir  que "as promesas" do Goberno central de vivendas protexidas con préstamos ICO "sexan fume"

Ademais remitirá unha nova carta ao Ministerio pedindo información de por que Galicia "non recibiu nin un euro" dos 4.000 millóns de euros de fondos europeos para a construción de vivenda pública en alugueiro xestionados polo ICO

A conselleira de Vivenda, na xuntanza cos cooperativistas de Xuxán este martes
G24.gal 13/05/2025 19:35

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reclamoulle o Ministerio desta área "unha saída" para cooperativistas de Xuxán afectados polo aumento do alugueiro social que se lles expón en relación á construción de 224 vivendas en catro parcelas cedidas pola Administración galega.

Sobre a súa situación, e despois de que a xestora expuxese unha modificación das condicións económicas -- cooperativistas denunciaron que habería un incremento do alugueiro social exposto inicialmente, chegando a case mil euros fronte aos 400 ou 600 iniciais--, a conselleira cualificou de "inaceptable" a situación.

Despois de que a alcaldesa, Inés Rey, e o delegado do Goberno, Pedro Blanco, lle demandasen unha actuación -- este último negou que o problema este vinculado aos créditos ICO e apelou ás competencias da Xunta en materia de vivenda -- , a conselleira asegurou que a Administración autonómica non vai permitir "" que "as promesas" do Goberno central de vivendas protexidas con préstamos ICO "sexan fume".

"Más de 250 cooperativsitas que se están vendo afectados pola modificación das condicións do préstamo ICO", sostivo Allegue, antes dunha reunión este martes con cooperativistas. 

Tras unha reunión con cooperativistas, a conselleira esixiu ao Ministerio de Vivenda unha solución ante unha situación que vincula cos créditos ICO e que cualifica de "insólita" e "inaceptable".

Ademais, insiste en que o Goberno galego "cooperará en todo o que estea nas súas mans" e urxe ao Instituto de Crédito Oficial "a modificar as condicións de financiamento para a construción de vivendas destinadas a alugueiro".

A titular de Vivenda confirma que este martes remitirá unha nova carta ao Ministerio pedindo información de por que Galicia "non recibiu nin un euro" dos 4.000 millóns de euros, engade, dos fondos europeos para a construción de vivenda pública en alugueiro xestionados polo ICO, á vez que solicita ter "as contas claras".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade