Rueda destaca a colaboración da Xunta con Érguete en programas contra condutas adictivas
O titular do Goberno galego reunise esta semana coas directivas da entidade, que atendeu o ano pasado case 7.500 persoas
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradece o labor realizado pola Asociación Érguete para a Axuda á Drogodependencia ao longo dos seus máis de 40 anos de historia a favor da inclusión social e acompañamento ás familias dos afectados.
O titular do Goberno galego reunise esta semana coas directivas da entidade, que atendeu o ano pasado case 7.500 persoas.
Durante este encontro, Alfonso Rueda, que estivo acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor a importancia da colaboración da Xunta coas asociacións sociais na prevención das condutas adictivas.
O Goberno galego remarca que a administración autonómica vén desenrolando nos últimos anos diversos programas con Érguete co obxectivo de fomentar a atención, a formación e a integración social das persoas drogodependentes.