Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda entrevista a González Rivas no cuarto episodio do podcast "Galicia Calidade"

Rueda entrevista a González Rivas no cuarto episodio do podcast "Galicia Calidade"

O presidente da Xunta e o cirurxán falaron do futuro da medicina e as fortalezas e as debilidades do sistema sanitario público

G24.gal 18/10/2026 12:27

Os médicos que operaon o Papa empregaron unha técnica galega, a que desenvolveu o cirurxán coruñés Diego González Rivas. Precisamente desta técinca falou Rivas co presidente da Xunta no cuarto episodio do seu podcast Galicia Calidade.

Alfonso Rueda e González Rivas tamén conversaron do futuro da medicina e as fortalezas e as debilidades da sanidade pública.

"Somos uns privilexiados de ter a sanidade que temos, universal que cubre a todo o mundo e temos que coidala", dixo Rivas.

Neste podcast Rueda entrevista cada mes un referente da sociedade galega. Nos tres episodios anteriores os entrevistados foron o pediatra Federico Martinón, a triatleta e capioa paralímpica Susana Rodríguez Gacio e o periodista Álex Fidalgo. 

A conversa completa está xa dispoñible en YouTube. https://youtu.be/NVDNfUve3DM

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade