Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda compromete o apoio da Xunta ao sector da madeira cun plan de 114 millóns ata 2028

Rueda compromete o apoio da Xunta ao sector da madeira cun plan de 114 millóns ata 2028

A Xunta acaba de aprobar o Plan Director da Industria Forestal  2026-2028 que contempla 88 medidas dirixidas a consolidar Galicia como referente internacional

O sector forestal conta en Galicia con máis de 3 mil empresas e case 20 mil traballadores

G24.gal 27/06/2026 13:23

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compromete o apoio do seu Goberno ao sector madeireiro, tras a aprobación do Plan Director da Industria Forestal  2026-2028 dotado con 114 millóns de euros e 88 medidas dirixidas a consolidar Galicia como referente internacional neste eidos. Así llo trasladou nunha reunión mantida esta semana á directiva de Fearmaga (Federación de Serradoiros de Galicia).

Nesa liña, Alfonso Rueda destacou axudas levadas a cabo nos últimos anos, como as que permiten financiar a restauración das infraestruturas da Rede Natura 2000.

O presidente da Xunta tamén remarcou a importancia de que sector e adminsitracións colaboren nos retos actuais, como darlle un maior pulo á construción pública en madeira ou apoiar a investigación e a innovación no sector con novos materiais.

O sector forestal galego representa o 1,7% del PIB da comunidade, con 3.300 empresas e 19.400 afiliados á Seguridade Social. Ademais, lidera a produción forestal en España cunha facturación de case 2.500 millóns de euros e as exportacións superan os 1.200 millóns

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade